INEO - Xunta de Galicia : Presidencia : Secretaría Xeral de Política Lingüística

O proxecto

O teu móbil en galego

O proxecto      Unha das principais liñas de actuación da Secretaría Xeral de Política Lingüística céntrase no desenvolvemento e mais na difusión de recursos en galego destinados ao sector produtivo das TIC. Neste ámbito, en colaboración con Ineo, ponse en marcha este proxecto a través de acordos coas principais empresas fabricantes e operadores de telefonía móbil, concibido como unha oportunidade común para impulsar e facilitar a comunicación en lingua galega.

     A actuación neste marco de colaboración está destinada ao conxunto da sociedade galega, tanto aos usuarios particulares como ás empresas, que atoparán nas novidades e nas aplicacións que se vaian incorporando novas ferramentas que lles faciliten a comunicación en galego e, ao mesmo tempo, que contribúan a mellorar a súa produtividade e a competitividade.

     www.oteumobilengalego.com nace como un espazo de información no que atopar os recursos dispoñibles en lingua galega para os terminais de telefonía móbil, así como sobre as compañías que lles posibilitan aos usuarios unha relación directa en galego.

     As empresas de servizo e os fabricantes consideran, cada vez máis, a necesidade de actuar axeitándose aos mercados e, nese proceso, o plurilingüismo constitúe un valor engadido de mercado no sector das novas tecnoloxías. A comunicación a través da telefonía móbil é hoxe un elemento cotián e imprescindible tanto no ámbito persoal como no empresarial. En Galicia, a incorporación do galego aos teléfonos móbiles e aos servizos das compañías constitúe un avance nas utilidades e un elemento de adaptación á súa realidade social.

     O obxectivo final deste proxecto conxunto da Administración e as empresas é o de chegar á maior parte posible da sociedade para que os usuarios saiban cales son as súas posibilidades á hora de escoller unha compañía telefónica e un teléfono móbil en lingua galega, achegando o uso do galego a un amplo sector da poboación. Ao mesmo tempo, é un impulso para aumentar a competitividade mediante a aplicación das melloras ou renovación dos terminais.



Destacados Telefonía

MANDARINA DUCK MOON
Alcatel
MANDARINA DUCK MOON

Orange

Máis información
W270
Motorola
W270



Máis información
N78
Nokia
N78

Movistar

Máis información
L770
Samsung
L770

Orange

Máis información
C902
Sony Ericcson
C902

Movistar

Máis información

Copyright ©2008 | Aviso legal | Contacta