INEO - Xunta de Galicia : Presidencia : Secretaría Xeral de Política Lingüística

Novas

26/06/2010
Política Lingüística promove a galeguización da telefonía móbil

Promover o uso do galego no ámbito das novas tecnoloxías e, máis concretamente, na telefonía móbil constitúe o obxectivo fundamental do proxecto O teu móbil en galego, que a Secretaría Xeral de Política Lingüística puxo en marcha en colaboración con Ineo, a asociación de referencia en Galicia para o sector das tecnoloxías da información e da comunicación. A iniciativa inclúe diversas medidas encamiñadas a impulsar e facilitar a comunicación en lingua galega. Por unha banda, asináronse convenios de colaboración cos principais fabricantes e operadores de telefonía móbil. Paralelamente, creouse a web www.oteumobilengalego.com, que pretende converterse na páxina de referencia para calquera busca vinculada aos teléfonos móbiles e ao galego.
Os convenios de colaboración impulsados por Política Lingüística foron asinados por cinco compañías operadoras –Orange, R, Telefónica Móviles, Vodafone e Yoigo– e cinco empresas fabricantes –Alcatel, Motorola, Nokia, Samsung e Sony Ericsson–. Este acordo fará posible a implantación progresiva do galego como opción idiomática nos menús e noutras aplicacións dos terminais móbiles que se comercialicen en Galicia, así como nos manuais de usuario e nas guías rápidas en soporte electrónico que se poidan descargar desde a web.

Substitución de terminais

As empresas operadoras comprométense, a través deste convenio, a facilitar que calquera comunicación oral ou escrita cos seus clientes se poida realizar en galego e a promover campañas para que os seus usuarios coñezan a existencia de terminais na lingua propia de Galicia.


 

Imprimir   imprimir   Enviar   enviar

Destacados Telefonía

MANDARINA DUCK MOON
Alcatel
MANDARINA DUCK MOON

Orange

Máis información
E8
Motorola
E8



Máis información
N78
Nokia
N78

Movistar

Máis información
I560
Samsung
I560

Movistar

Máis información
W380
Sony Ericcson
W380

Movistar Orange Vodafone R

Máis información

Copyright ©2008 | Aviso legal | Contacta